10:45

Introducción á programación

Nos días que quedan aprenderemos un pouco sobre o que significa programar e intentaremos facer algún que outro programa.

Existen moitas linguaxes de programación, e nós centrarémonos nunha das máis empregadas, que é o Visual Basic.

Aquí tedes a primeira parte dun pequeno tutorial sobre esta linguaxe de programación.

10:08

Algunha imaxe máis para a web

Aquí tedes dúas imaxes que necesitaredes para a páxina de "contacto" da páxina web.




Gardádeas na carpeta "imaxes" da vosa web.
10:16

Práctica guiada - creación dunha web

Imos facer unha práctica por pasos de como facer un exemplo dunha páxina web.

No seguinte enlace tedes todo o necesario para crear as dúas primeiras páxinas do sitio web.

Descargar
17:56

Unidade didáctica - Seguridade

Esta semana deixaremos de lado as páxinas web, e teredes que preparar a unidade didáctica de Seguridade, referente á seguridade no ordenador e en Internet. Tedes que realizar todas as actividades que aparecen no seguinte pdf:


Para a última actividade necesitades ler uns textos, que tedes no seguinte enlace.


A semana que vén teredes que ter rematados os exercicios e seguiremos coas páxinas web.

Ah, e tede coidado co CTRL+ C / CTRL+ V!! Sempre é mellor que escribades menos, pero que entendades o que poñedes.

Unha vez que rematedes as actividades, subídeas ao voso blog.


10:15

Kompozer - Hojas de estilo

Aquí tedes un enlace a un arquivo pdf onde se explican o que son as follas de estilo e como se poden facer no Kompozer.
23:07

Comandos en HTML

Comezaremos a ver o código HTML, a continuación tedes un arquivo no que aparecen os principais comandos desta linguaxe.

10:34

Movie Maker - Traballos para facer

Esta é a lista dos traballos que tedes que facer co Windows Movie Maker:

1.- Video de imaxes

2.- Anuncio

3.- Video de Stop Motion

Estes 3 vídeos terédelos que subir ao voso blog, e ademáis tedes que facer a edición do video "selección de baloncesto" que está colgado na entrada anterior.