17:07

Convertir arquivos de Power Point a video (e II)

Se a nosa presentación de PowerPoint ten son e non queremos perdelo á hora de convertilo a formato de vídeo, teremos que facer algún paso previo:

Ollo!! Válido para Windows XP. Probar estes pasos tamén con Windows Vista ou 7. Se non da resultado, seguir a partir do apartado 9.

1. Seguimos os pasos da entrada anterior ata o punto 4, e antes de pulsar en Convert:

2. Facemos clic nos puntos suspensivos á dereita de Record Audio:


3. Aparécenos a seguinte pantalla.



4. Facemos clic en Record Settings e aparece a seguinte ventá:



5. Imos a Opcións > Propiedades, e na seguinte ventá seleccionamos Mezcla estéreo e Aceptar:


6. Na ventá do apartado 4 (Control de grabación) situamos todos os controis de volume ó máximo.

7. Agora cómpre pechar o programa e volvelo a abrir, seleccionando de novo o arquivo .ppt ou .pps que queremos convertir. O novo arquivo de video debería conter o son orixinal.

8. Se queremos engadir un arquivo de audio que se escoite durante todo o video, non sería necesario seguir estes pasos. Simplemente facemos clic na opción do programa Add audio file, á dereita da opción Record audio.

9. Se o noso sistema operativo é Windows Vista, 7 ou superior, e os pasos anteriores non deron resultado, temos que seguir os seguintes pasos:

10. Clic co botón dereito do rato no icono do altofalante da barra de tarefas:



11. Seleccionamos Dispositivos de grabación.

12. Clic co botón dereito no espacio en branco da ventá que aparece e seleccionamos Mostrar dispositivos deshabilitados.


13. No novo icono que aparece (Stereo mix, Mono mix, ou algo similar) facemos clic co botón dereito e seleccionamos Activar e Establecer como dispositivo de comunicación predeterminado. Aceptamos.

14. Abrimos o EM Free PowerPoint Video Converter e convetimos o noso arquivo.

15. Se non se escoita o son pode ser que non esté instalado correctamente o driver da tarxeta de son.
23:10

Convertir arquivos de Power Point a video

Se queremos subir unha presentación feita con Power Point ó noso blog para que se poda reproducir no propio blog, teremos que transformar esa presentación .ppt ou .pps nun formato de video (por exemplo AVI ou MPEG).

Existen varias aplicacións gratuitas que nos permiten convertir arquivos .ppt ou .pps a video. Un dos máis empregados é E.M. Free PowerPoint Video Converter. Descargamos, instalamos e abrimos o programa. A primeira pantalla que nos aparece é a seguinte:



Pasos básicos a seguir:

1. En New Task seleccionamos Add file(s)

2. Seleccionamos o arquivo .ppt ou .pps que queiramos e nos leva á seguinte pantalla, onde teremos que seleccionar o formato do video:



3. Seleccionamos o formato do video que queremos, por exemplo AVI video, e pasamos á seguinte pantalla:



4. Nesta última pantalla únicamente temos que facer clic en Convert, para que comece a transformar o arquivo. Tamén nos permite configurar algunhas opcións como o tempo entre as diapositivas (Transition time between slides) ou a carpeta na que queremos que nos garde o arquivo de video (Default output folder).

Unha vez que temos o noso arquivo de video, xa o podemos subir directamente nunha entrada do noso blog (sempre que sexa menor de 100 MB).

19:55

Unir ou dividir un arquivo PDF

PDF Split and Merge é unha páxina que nos permite descargar unha aplicación para obter só unha parte dun ficheiro PDF ou se queremos unificar varios arquivos PDF nun só.



Para descargalo de forma gratuita, entramos en www.pdfsam.org, e pulsamos en Download.

Para aprender a manexalo, aquí tes o seguinte tutorial.
22:22

Crear formularios coa folla de cálculo Google Docs

Sabemos que as aplicacións de Google Docs permítennos crear documentos de texto, follas de cálculo, presentacións e compartilos con distintos colaboradores para que cada un faga a súa aportación.
Pero a Folla de Cálculo de Google Docs permítenos xerar un formulario que despois poderemos incrustar nunha páxina web, blog, etc.

Imos seguir os pasos:

1. Accedemos á nosa conta de Google Docs

2. Na esquerda da pantalla facemos clic en Crear nuevo > Hoja de cálculo



3. Introducimos os campos que queiramos que teña o formulario, por exemplo, nome, apelidos, etc...


4. Pulsamos no menú Formulario > Crear formulario, e surxirá unha nova ventá onde poderemos definir as preguntas, especificando se son tipo test, de lista desplegable, etc...


5. As preguntas engadímolas no menú Añadir elemento. Tamén podemos engadir un salto de páxina, para crear distintas páxinas dentro do mesmo formulario.



6. Para insertar o formulario na nosa web imos ó menú Más acciones > Incrustar, e aparécenos un código html que poderemos insertar onde queiramos.



7. Unha vez creado, as respostas enviadas polos distintos usuarios gardaránse automáticamente no formulario, moi útil se queremos analizar despois as distintas respostas, xa que as teremos todas xuntas nunha mesma folla de cálculo.

Aquí tes un exemplo de formulario sobre a web 2.0

16:36

Svisual: videointérpretes para persoas xordas ou con discapacidades auditivas

Svisual é unha páxina que proporciona a asistencia de video intérpretes para facilitar a comunicación a persoas xordas ou con discapacidades auditivas.

O funcionamento é moi sinxelo, permite a conexión de audio e video a tempo real a través dun video intérprete que facilita a comunicación entre o usuario e o seu interlocutor.

1. A persoa con discapacidade auditiva ponse en contacto con Svisual a través dun ordenador con cámara web, dun teléfono con videochamada, etc.

2. O intérprete pídelle os datos de contacto da persoa coa que desexa falar (sexa xorda ou oínte).

3. O intérprete realiza o contacto co destinatario e comeza a video interpretación.

Este sistema tamén o pode empregar unha persoa oínte que desexe poñerse en contacto cunha persoa xorda.

E ademáis, o sistema é gratuíto para as persoas con discapacidade auditiva.

11:03

Adobe Reader: unha aplicación peligrosa

Parece ser que o lector de arquivos PDF Adobe Reader convertiuse no ano 2009 na aplicación máis empregada polos delincuentes informáticos para distribuir malware. Iso é o que se desprende dos datos elaborados por F-Secure.



Moito de este malware aproveitan a capacidade de Adobe Reader para executar código JavaScript, polo que é recomendable desactivalo.
Só temos que abrir o Adobe Reader e no menú Edición > Preferencias > JavaScript desmarcamos a opción "Activar JavaScript para Acrobat".

Lido en Mundogeek.



7:16

Agregar RSS na nosa web

Na páxina de http://rss.sindicacion.net



podemos configurar un agregador de novas RSS no noso blog ou na nosa páxina web.

Blogger xa nos permitía engadir un gadget lector de RSS, pero ata agora non podiamos ler calquera RSS na nosa páxina web. Nesta páxina permítenos agregar calquera URL dunha fonte RSS e configurar o formato.



Ó final ofrecenos un código HTML que podemos copiar e pegar na nosa web, blog, etc.


11:09

Insertar Favicon

Imos ver unha forma sinxela de personalizar un pouco máis o noso blog cambiando a imaxe que aparece na esquerda da barra do navegador, tamén chamada favicon.

A imaxe que queiramos insertar debería ser de 16x16, polo que non poderemos escoller unha imaxe con moito detalle, xa que non se verá.

O único que temos que insertar é unha línea de codigo na cabeceira (no head) da plantilla do blog.

Temos que ir a Diseño > Edición de HTML



Buscamos o seguinte código:



Xusto antes dese código temos que insertar o seguinte:


Onde 'http://www.divshare.com/img/10654554-e8a.JPG' é a dirección URL da nosa imaxe, neste caso na páxina de DivShare.

Para obter esa dirección temos que subir a nosa imaxe á nosa conta de DivShare e buscar esa dirección en Share/Embed options, dentro da opción "Full Image".



Ollo, a dirección non é a ruta completa que aparece en "Full image". Temos que buscar unha dirección que comece por "http" e remate por ".jpg".

Problema:

Para que o Internet Explorer mostre o favicon, a imaxe tería que ser da extensión ".ico", pero a nosa conta de DivShare non soporta este formato. Os pasos serían os seguintes:

1. Convertir a imaxe a "favicon.ico" co Format Factory, por exemplo.

2. Crear unha conta en Fileden, que sí soporta formatos ".ico"

3. No Diseño > Edición de HTML, buscamos o código:



4. Antes de ese código, insertamos o seguinte, pero agora coa dirección URL da nosa imaxe ".ico"





0:16

Flavors.me, páxina persoal sinxela para xuntar a túa actividade na web

Déixovos un enlace a este post que acabo de ler en Genbeta.

Trátase dunha páxina de inicio persoal, na que agregar as contas de Facebook, Twitter, Wordpress, Blogger, YouTube, etc... e tamén vos permite engadir canles RSS. Aínda non a probei, por que xa teño a miña de Netvibes, aínda que seguro que ten cousas distintas. Se vos animades a crear unha, gustaríame que me deixásedes comentarios coa vosa opinión.

Post en Genbeta

Flavors.me
2:08

Tutorial Windows Movie Maker

Breve tutorial de Windows Movie Maker, que pode resultar útil:

1:22

Exemplo de entrada de Pablo Neruda

Naceu en Parral (Chile), en 1904. Poeta chileno considerado por Gabriel García Márquez "o máis grande poeta do siglo XX en calquera idioma". Gañou o Premio Nobel de Literatura en 1971.


Primeiros anos

En 1917, publica o seu primeiro artículo no diario "La mañana" de Temuco. En 1920 comeza a contribuir coa revista literaria Selva Austral.

Nese mesmo periodo, coñece a Gabriela Mistral. Do seu encontro lembrará: "... ela fíxome ler os primeiros grandes nomes da literatura rusa que tanta influencia tiveron sobre mí".

En octubre de 1920 firma definitivamente os seus traballos co pseudónimo de Pablo Neruda. A búsqueda dun pseudónimo era esencialmente para evitar o malestar do seu pai por ter un fillo poeta.

Escoitaremos agora recitar un dos seus poemas máis coñecidos:

Me gustas cuando callas




Libro de poemas
9:05

Reprodución de audio nunha entrada

Arquivo de audio - Manuel López

9:00

Subir audio ó noso blog

Veremos varias formas de facelo, pero todas pasan por crear unha conta nunha web de aloxamento gratuíto, que neste caso será DivShare.

Crear a conta é un proceso bastante sinxelo.



Introducimos os nosos datos e facemos clic en Sign up. Ó final recibiremos unha mensaxe de confirmación ó correo electrónico.

Despois accedemos ó dashboard ou panel principal:



Para subir arquivos facemos clic en Upload a new file.

Seleccionamos un arquivo de audio do noso ordenador. Dependendo do tamaño do arquivo, o proceso pode durar uns minutos. Unha vez subido o arquivo, estará gardado no apartado Audio.

Facendo clic no icono do arquivo aparece a seguinte páxina:



Facendo clic en Share/Embed Options temos o código HTML para insertar no noso blog e a dirección URL para descargalo.



O código HTML para insertar está en Embed MP3 e a dirección para descargalo ou escoitalo está en Download.

Agora só temos que enlazar o mp3 ó noso blog:

1. En Diseño do blog engadimos o gadget HTML/JavaScript e ahí pegamos o código de Embed mp3.

2. En Diseño engadimos o gadget Lista de enlaces, e ahí pegamos a dirección que aparece en Download. O enlace lévanos á páxina de DivShare, e podémos escoitar o audio dende alí.

3. Simplemente creamos unha entrada e pegamos o código HTML que aparece en Embed mp3 onde queiramos.


0:26

Variación das entradas en función do navegador

Probamos a editar a mesma entrada con distintos navegadores (Internet Explorer, Mozilla Firefox e Google Chrome).

O manexo das imaxes é distinto en función do explorador que estemos empregando.

- Con Google Chrome: Apenas podemos mover as imaxes, nin copialas nin cortalas, nin redimensionalas.

- Con Internet Explorer: Podemos mover as imaxes, redimensionalas e copialas, pero non cortalas.

- Con Mozilla Firefox: Podemos movelas, copialas, cortalas e redimensionalas, ademáis indícanos o tamaño en píxels da imaxe mentres a estamos cambiando de tamaño.