18:20

Resumo de teoría de hardware e software

Xa tedes colgado en o arquivo pdf do resumo de teoría de hardware e software. Podédelo descargar dende aquí, ou ben dende a lista de Documentos que tamén está na marxe do blog.

Descargar resumo de teoría

Ademáis dese documento, teredes que saber como pasar de binario a decimal e de binario a hexadecimal ou viceversa. Tamén tedes que ter claro a actividade sobre o sistema operativo windows (5ª actividade de hardware) , e saber, por exemplo, para que serve desfragmentar o disco duro ou crear un punto de restauración.
10:08

Balabolka - Sintetizador de voz gratuito

Balabolka é un conversor de texto a voz en MP3 e OGG moi fácil de usar.
Moi útil para deixar mensaxes falados, crear audiolibros, axudar a persoas con problemas de visión ou simplemente para xerar un mp3 dos nosos apuntes para repasar mentres imos dando un paseo.



Tamén dispón dunha versión portable.

Páxina de Balabolka
10:20

Cambia o teu escritorio con RocketDock

RocketDock é unha aplicación que instala unha barra de ferramentas similar á do sistema operativo Mac, cunha animación dos iconos moi interesante.



Dende a nova barra de tarefas pódese acceder a O meu computador, Panel de control, etc. O aspecto gráfico está moi cuidado e pódense modificar prácticamente tódolos parámetros.

Para engadir un programa á barra de tarefas simplemente o temos que arrastrar dentro da barra.
10:10

Leva as túas aplicacións favoritas a calquera parte

Portableapps é un proxecto que recolle moitas aplicacións gratuitas e as modifica para que se poidan executar directamente dende unha memoria USB. Evidentemente, o ordenador ó que se conecte a memoria USB ten que ter instalado Windows.



Portableapps é modular, xa que se poden instalar as aplicacións que queiramos descargando o instalable correspondente dende a páxina web.

www.portableapps.com
9:18

Crear un pdf dende calquera aplicación con PrimoPDF

PrimoPDF é unha aplicación gratuita coa que podemos crear un arquivo PDF dende case calquera programa.



Este programa crea unha impresora virtual no noso equipo. Todo o que enviemos a esa impresora virtual convertiráse a PDF.

Para convertir a arquivo PDF o único que temos que facer é ir ó menú de Imprimir no programa que estemos e en Seleccionar impresora temos que escoller PrimoPDF e seleccionar Imprimir.

Abriráse unha ventá na que se debe seleccionar a calidade do PDF ou configurar as propiedades do documento ou a seguridade. Para xerar o PDF temos que pulsar sobre Crear PDF.

Descargar PrimoPDF dende Softonic
9:14

Crear unha falsa mensaxe co Bloc de notas

Podemos crear unha mensaxe co contido que queiramos co Bloc de Notas de Windows. Por exemplo:

Abre o Bloc de Notas e teclea: msg * Error: Windows detectou un problema e debe pecharse. Cerre todalas aplicacions inmediatamente.

Garda o ficheiro por exemplo como error.bat. Cando o executes, aparecerá esa mensaxe. Podes cambiar o texto que aparece detrás de msg * por outras cousas que se che ocorran.
10:20

Sexta (e última) actividade de hardware e software

Aquí tedes a última actividade referente ó hardware e software, referente ós distintos sistemas operativos.



11:10

Blogs 2010-2011: Top 3

De cada certo tempo irase publicando unha lista dos blogs que están no Top 3 dos da clase.

Os puntos que se valoran son:

- Exercicios subidos (e cunha certa orde)

- Deseño do blog

- Número e calidade das entradas

- Contidos extras (cousas que lle poñades ó blog e que lle den un valor engadido)

Por suposto, a orixinalidade tamén conta.

A día 8/11/2010, o TOP 3 dos blogs é:

1poucodetodo.blogspot.com

pelopantenformen.blogspot.com

lorenaandalex.blogspot.com


Os que non aparezades, traballade para intentar estar entre os 3 primeiros a próxima vez, e os 3 primeiros, non vos confiedes.....

10:25

Quinta actividade de hardware e software

A continuación tedes a quinta actividade (xa quedan menos) de hardware e software, relacionada co sistema operativo Windows XP, que é o que tedes nos ordenadores da aula de informática.



9:54

Hardware e software - Cuarta actividade

O software. Tipos de restriccións, dereitos e permisos.

Crea un arquivo de texto cunha táboa na que aparezan os seguintes termos:

- Software libre

- Freeware

- Shareware

- Crippleware ou lite

- Nagware
ou begware

-
Licencia GPL

- Copyleft

- Licencias Creative Commons


Defíneos brevemente, destacando a diferenza entre uns e outros e pon algún exemplo de aplicacións que se distribúan baixo ese tipo de licencia.

Ao final, garda o teu arquivo como Hardware e Software - 4, convírteo a pdf e súbeo ó teu blog.