23:58

Colocación de imaxes nunha entrada

Facemos clic no icono de insertar imaxes. Subimos 4 imaxes e intentamos colocalas por parellas, seleccionando Formato: Ninguno, Tamaño: Mediano






Podemos redimensionar o formato das imaxes para que collan de dous en dous.
Seleccionando o formato Izquierda, Centrar e Dereita permítenos mover menos as imaxes pola entrada.
21:38

Crear entradas

Cando entramos no noso blog, aparécenos o Escritorio:



Para crear a primeira entrada, facemos clic en Nueva entrada:



Botóns a ter en conta da barra do editor:


Opcións e etiquetas



Opciones de entrada: Podemos permitir ou non os comentarios para esa entrada e programar a entrada para que se publique automaticamente nunha data e hora determinada.

Etiquetas de esta entrada: As etiquetas (ou tags) son palabras relacionadas co tema da entrada, moi útiles para atopalas posteriormente. Recomendable poñelas sempre en cada entrada.


Se queremos publicala directamente: Publicar entrada, se non, Guardar como borrador.


20:54

Crear unha conta en Blogger

Entramos en www.blogger.com:

Se temos unha conta de correo de Gmail, introducimos o nome de usuario e o contrasinal directamente. Se non, facemos clic en Crear un blog, que nos leva á seguinte páxina.

1. Crear conta



2. Asignar un nome ó blog


Escribimos o título e a dirección do blog (non teñen por qué ser os mesmos).
Na dirección non debemos poñer espacios, nin caracteres especiais como acentos, etc.
Pulsamos en Continuar e nos leva á última páxina para crear o blog:

3. Escoller unha plantilla



Seleccionamos a plantilla que prefiramos e continuamos. Xa temos creada a nosa conta en www.blogger.com

22:46

Primeira entrada

Primeira entrada do blog "pracTICand0", no que se intentará achegar o mundo das TIC a todo aquel que esté interesado.
A seguir pracTICando...