Entramos en
www.blogger.com:

Se temos unha conta de correo de Gmail, introducimos o nome de usuario e o contrasinal directamente. Se non, facemos clic en Crear un blog, que nos leva á seguinte páxina.
1. Crear conta
2. Asignar un nome ó blog

Escribimos o título e a dirección do blog (non teñen por qué ser os mesmos).
Na dirección non debemos poñer espacios, nin caracteres especiais como acentos, etc.
Pulsamos en Continuar e nos leva á última páxina para crear o blog:
3. Escoller unha plantilla
Seleccionamos a plantilla que prefiramos e continuamos. Xa temos creada a nosa conta en www.blogger.com
0 comentarios:
Publicar un comentario