Cando subimos unha imaxe a unha entrada, Blogger engade un código HTML. Este código HTML podemos velo cando estamos creando a entrada, na pestana Edición de HTML.
O código correspondente á imaxe vai entre os símbolos < > e empeza normalmente por a onblur ... e remata por /a.
Un exemplo de código que corresponde a unha imaxe subida a Blogger:![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhtslOwpTM5y0rXzZnpLTiz6E_GcRRJhxtjTAH6iBuqJD0EfjZ0L-LBW67g2Zkl434sr_ZRDNnTdJbQvSfPx_LwMSEHSkKsbf5Q2CarZw2ufjp6vzH6wBDaD4ez6fEZlyo1k698Ikf5txx6/s1600/imaxe+autentica1.JPG)
Realmente o que fai Blogger cando subimos unha imaxe é insertar dúas imaxes:
- A imaxe que aparece na entrada, que normalmente é máis pequena e/ou con menos resolución que a que nos subimos.
- A imaxe que aparece cando facemos clic sobre a imaxe anterior, que si é realmente a que nós subimos.
Iso é o que mostra o código HTML anterior. Hai dúas direccións de dúas imaxes, ambas comezan por http e rematan por .jpg. A dirección que vai detrás de href (en verde) é a da imaxe que nós subimos, e a que aparece detrás de src (en laranxa) é a da imaxe que mostra na entrada.
Polo tanto, o que temos que facer é copiar a dirección da nosa imaxe (a que aparece en verde, dende http ata .jpg) e escribir diante da dirección o código img src= (cos símbolos <> ó principio e ó final):
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhHSCqsglyXc5UoxCs7WoHQjsuu5Mk839zBxHD_1eCWHvC9-Lzdft6ENRvA_wwVCHBLIFt1mBMdWnfHXJfqNt3DSpZy5JBXiiXqlh3gli-xOS21Q1W-F778Jw3HgEd3onwTguftsW9rw27a/s1600/imaxe+autentica2.JPG)
O que indica este código é que mostre únicamente a imaxe que se atopa nesa dirección. Este código sustitúe a todo o código anterior. De volta á pestana de Redactar, podemos facer a imaxe máis grande se queremos (o Mozilla Firefox indicaranos o tamaño da imaxe mentres lle cambiamos o tamaño), pero xa non se verá con menor resolución.