12:14

Gimp - Edición de fotografía (I)

O programa máis coñecido de retoque fotográfico é o Adobe Photoshop, coñecido por todo o mundo. Existen, sen embargo, aplicacións gratuitas de edición de fotografía que non lle teñen moito que envexar, unha delas é The Gimp.

Podémolo descargar gratuitamente dende aquí.
Ademáis podemos descargar unha versión portable, dende a páxina de SourceForge, para poder levalo nunha memoria USB e executalo dende alí en calquera equipo, sen necesidade de instalación.
Ó executar Gimp, o máis destacado é que nos aparecen tres ventás distintas no escritorio, no centro aparécenos a Ventá principal:


E á esquerda e dereita da principal aparécenos a Caixa de ferramentas e a ventá de Capas, Canles, Camiños, Desfacer.
Existe unha comunidade de hispanofalantes adicada únicamente a este programa de edición de fotografía, podes profundizar moito máis sobre The Gimp en www.gimp.org.es.

0 comentarios:

Publicar un comentario