Moitas veces atopámonos co problema de querer cambiar o formato de arquivos de video, audio ou imaxe. Para iso xa coñecíamos o programa Format Factory.
Pero se non queremos instalar ningún programa dispoñemos de Zamzar, unha páxina que nos permite convertir moitos formatos de arquivo.

Sen necesidade de rexistrarnos, subimos o noso arquivo, seleccionamos o tipo de formato ó que o queremos convertir e introducimos a nosa dirección de correo electrónico. Unha vez convertido o arquivo, recibiremos un correo onde poderemos descargar o arquivo convertido.
A diferencia co Format Factory, con Zamzar tamén podemos convertir arquivos de texto. Por exemplo, un arquivo . docx, feito con Word 2007, que non podemos abrir co 2003, podémolo convertir a .doc en Zamzar, ou mesmo a .odt e abrilo co OpenOffice.
A versión gratuita é suficiente para convertir arquivos de ata 100 MB. Presenta distintas versións de pago coa que poderemos convertir arquivos maiores e almacenar online incluso ata 100 GB.

0 comentarios:
Publicar un comentario