10:12

Facer un gif animando a partir dun video

Imos combinar o que sabemos de varios programas para poder crear un gif animado a partir dun video calquera.
Neste caso colleremos un exemplo dun video de baloncesto:


Veremos os pasos a seguir:

Paso 1. Abrimos o Windows Movie Maker. Na barra da esquerda imos a Importar vídeo e seleccionamos o vídeo que queiramos.

Paso 2. Agora teremos que xerar fotografías dos fotogramas que nos queiramos. O mellor é pausar o vídeo e ir avanzando fotograma a fotograma. Imos repasar os botóns máis importantes:



1. Avanzar/retroceder fotograma a fotograma

2. Dividir clip

3. Obter fotografía a partires do fotograma

De cada fotograma que queiramos obter a fotografía, facemos clic no botón 3 e gardamos a imaxe.

Paso 3. Unha vez obtidas todas as imaxes, temos que pasar de imaxe a debuxo, tal e como se explicou nesta entrada anterior.

Paso 4. Unha vez que temos todas as imaxes transformadas a debuxo, temos que pegar cada unha delas nun único arquivo de Gimp, cada unha nunha capa diferente.

Paso 5. Imos a Arquivo>Gardar como, e seleccionamos o formato .gif.

Paso 6. Na seguinte ventá seleccionamos Gardar como animación, e a continuación temos que seleccionar o tempo por cada capa (neste exemplo, 100 ms) e en lugar de Non me importa, temos que seleccionar Un cuadro por capa (sustituir).

Paso 7. Agora so temos que ver a imaxe na vista previa do explorador de Windows ou abrila cun navegador de internet.

O resultado final quedaría así:


11:30

Crear efecto destello nunha fotografía co Gimp

Se queremos crear un destello nunha fotografía que teñamos, os pasos a seguir son bastante sinxelos. Vexamos cómo facelo.
Partiremos da seguinte foto:



1. Na ventana dereita, de Capas, Canales, Desfacer, imos á parte inferior, onde aparecen todos os tipos de pinceis existentes.

2. Facemos clic co botón dereito sobre calquera deles e seleccionamos Novo pincel. Aparécenos a seguinte ventá:



3. Seleccionamos a forma do rombo e configuramos os parámetros según queiramos (xa vemos na vista preliminar como vai variando o pincel)

4. No menú Capas, seleccionamos Nova capa > Transparente.

5. Na barra de ferramentas da esquerda seleccionamos como cor frontal a cor branca.

6. Agora só temos que pintar os destellos onde queiramos:


10:51

Transformar unha foto en debuxo co Gimp

Imos ver unha aplicación sinxela de cómo facer que unha foto pareza feita a lápiz, de xeito rápido e sinxelo.
Partiremos dunha foto de Fernando Alonso, por exemplo:


Imos seguir os pasos:

1. Imos a Cores > Matiz - saturación e desaturamos a imaxe para que nos quede en branco e negro.

2. Duplicamos a capa (Capa > Duplicar capa, por exemplo)

3. Seleccionamos a capa superior facendo clic nela.

4. Imos a Cores > Inverter. O resultado debería ser o seguinte:



5. Na ventá de Capas, temos que cambiar o modo de combinación da capa superior. Cambiámolo de Normal a Adición (ou Suma). A imaxe debería de cambiar totalmente a branco, pero non pasa nada.



6. Xa estamos preto do final. Coa capa superior seleccionada, imos a Filtros > Desenfocar > Desenfoque Gaussiano, e probamos cun radio de desenfoque de 10 px. (non vos fiedes da previsualización, xa que só mostra o desenfoque da capa superior).

7. O resultado debería ser algo así:



8. Xogando co radio de desenfoque e coa opacidade da capa superior podedes conseguir efectos lixeiramente distintos.

Obtido de www.gimp.org.es