10:51

Transformar unha foto en debuxo co Gimp

Imos ver unha aplicación sinxela de cómo facer que unha foto pareza feita a lápiz, de xeito rápido e sinxelo.
Partiremos dunha foto de Fernando Alonso, por exemplo:


Imos seguir os pasos:

1. Imos a Cores > Matiz - saturación e desaturamos a imaxe para que nos quede en branco e negro.

2. Duplicamos a capa (Capa > Duplicar capa, por exemplo)

3. Seleccionamos a capa superior facendo clic nela.

4. Imos a Cores > Inverter. O resultado debería ser o seguinte:



5. Na ventá de Capas, temos que cambiar o modo de combinación da capa superior. Cambiámolo de Normal a Adición (ou Suma). A imaxe debería de cambiar totalmente a branco, pero non pasa nada.



6. Xa estamos preto do final. Coa capa superior seleccionada, imos a Filtros > Desenfocar > Desenfoque Gaussiano, e probamos cun radio de desenfoque de 10 px. (non vos fiedes da previsualización, xa que só mostra o desenfoque da capa superior).

7. O resultado debería ser algo así:



8. Xogando co radio de desenfoque e coa opacidade da capa superior podedes conseguir efectos lixeiramente distintos.

Obtido de www.gimp.org.es

0 comentarios:

Publicar un comentario