0:37

Práctica - Investiga o hardware do teu ordenador

Nesta ocasión o que tedes que facer é investigar sobre o hardware que forma o voso ordenador. Tedes as instruccións na seguinte actividade:

Descargar actividade

Lembrade subila á vosa lista de exercicios cando a teñades rematada.
10:17

Cuestionario de hardware

Aquí tedes un exemplo de cuestionario de hardware que tedes que cubrir. Pode ser moi parecido ó que vos pregunte sobre este tema, así que intentade cubrilo sen mirar polos vosos exercicios:

10:25

Terceira actividade de hardware e software

Aquí tedes a terceira actividade que tedes que facer relacionada co hardware e o software.
Unha vez que a teñades lista, ten que estar dispoñible dende o voso blog, preferiblemente en formato pdf.

Descargar actividade
10:20

Nova actividade - cálculo bytes - binario

Descargade a seguinte actividade para facer en Excel, para o que teredes que investigar cómo se convirten os números decimais nos sistemas binario e hexadecimal.

Descargar actividade

A actividade está composta por 1 arquivo que contén 3 follas de cálculo en Excel. Unha vez lista, debédela de subir á vosa conta de Divshare e enlazala dende o voso blog. Esta xa deberia ser a 3ª actividade dispoñible na vosa lista de enlaces.
9:35

Sistema binario - Actividade

Seguramente oíches falar moitas veces de que o ordenador almacena e transmite a información en forma de uns e ceros (1,0), no denominado sistema binario.
Xa sabes que o sistema binario correspóndese cunha variable dixital, é dicir, que só ten 2 valores: encendido/apagado, aberto/pechado, con voltaxe/sen voltaxe, etc.
Xa aprendiches a convertir de binario a decimal e viceversa, e de hexadecimal a binario e viceversa, de todas formas, neste artigo explicase como facelo.

A actividade que debes facer é descodificar a seguinte mensaxe binaria, para o que te podes axudar dunha táboa ASCII-binario. Unha vez que o teñas resolto, debes publicar a resposta coma unha entrada no teu blog.
18:36

Segunda actividade de hardware e software

Aquí tedes a segunda actividade que tedes que facer relacionada co hardware e o software.
Unha vez que a teñades lista, ten que estar dispoñible dende o voso blog, preferiblemente en formato pdf.

Descargar actividade
10:22

Tutorial - Creacion dun blog en Blogger

Por se queredes consultar algo máis acerca de como configurar o voso blog, aquí vos deixo este tutorial, que está colgado en Issuu:

10:37

Blogs de 1º de BAC - curso 2010 - 2011

Esta é a lista de blogs que tedes que engadir no voso:

homero777-homero777.blogspot.com

noe-detodounpouco.blogspot.com

acruga.blogspot.com

pelopantenformen.blogspot.com

losmachacasaurios.blogspot.com

lacris-laurakris.blogspot.com

peliyos91.blogspot.com

estefypop.blogspot.com

lorenaandalex.blogspot.com

1poucodetodo.blogspot.com
0:16

Primeira actividade de hardware e software

Aquí tedes a primeira actividade que tedes que facer relacionada co hardware e o software.
Unha vez que a teñades lista, ten que estar dispoñible dende o voso blog.

Descargar actividade