9:35

Sistema binario - Actividade

Seguramente oíches falar moitas veces de que o ordenador almacena e transmite a información en forma de uns e ceros (1,0), no denominado sistema binario.
Xa sabes que o sistema binario correspóndese cunha variable dixital, é dicir, que só ten 2 valores: encendido/apagado, aberto/pechado, con voltaxe/sen voltaxe, etc.
Xa aprendiches a convertir de binario a decimal e viceversa, e de hexadecimal a binario e viceversa, de todas formas, neste artigo explicase como facelo.

A actividade que debes facer é descodificar a seguinte mensaxe binaria, para o que te podes axudar dunha táboa ASCII-binario. Unha vez que o teñas resolto, debes publicar a resposta coma unha entrada no teu blog.

0 comentarios:

Publicar un comentario