12:08

Traballos para facer con Audacity

Imos realizar unha serie de actividades para practicar os comandos básicos de Audacity.

Actividade 1

Descarga os seguintes arquivos:

Música

Poesía

Hai que facer que se escoite a poesía ca música de fondo. Emprega a ferramenta da envolvente para regular o volume da música de fondo. Acorta a música se é necesario e exporta o arquivo como un mp3. Despois, súbeo a DivShare e incrústao (embed) no teu blog como unha entrada.

Actividade 2

Descarga os seguintes arquivos e segue as instruccións do pdf "A facer en Audacity":

A facer en Audacity

Audio 1

Audio 2

Audio 3

Musica

Unha vez que teñas todas as actividades rematadas, gárdaas como proxecto de Audacity e expórtaas tamén como mp3. Súbeas a DivShare e inserta os audios na mesma entrada.

0 comentarios:

Publicar un comentario