10:45

Introducción á programación

Nos días que quedan aprenderemos un pouco sobre o que significa programar e intentaremos facer algún que outro programa.

Existen moitas linguaxes de programación, e nós centrarémonos nunha das máis empregadas, que é o Visual Basic.

Aquí tedes a primeira parte dun pequeno tutorial sobre esta linguaxe de programación.

10:08

Algunha imaxe máis para a web

Aquí tedes dúas imaxes que necesitaredes para a páxina de "contacto" da páxina web.




Gardádeas na carpeta "imaxes" da vosa web.
10:16

Práctica guiada - creación dunha web

Imos facer unha práctica por pasos de como facer un exemplo dunha páxina web.

No seguinte enlace tedes todo o necesario para crear as dúas primeiras páxinas do sitio web.

Descargar
17:56

Unidade didáctica - Seguridade

Esta semana deixaremos de lado as páxinas web, e teredes que preparar a unidade didáctica de Seguridade, referente á seguridade no ordenador e en Internet. Tedes que realizar todas as actividades que aparecen no seguinte pdf:


Para a última actividade necesitades ler uns textos, que tedes no seguinte enlace.


A semana que vén teredes que ter rematados os exercicios e seguiremos coas páxinas web.

Ah, e tede coidado co CTRL+ C / CTRL+ V!! Sempre é mellor que escribades menos, pero que entendades o que poñedes.

Unha vez que rematedes as actividades, subídeas ao voso blog.


10:15

Kompozer - Hojas de estilo

Aquí tedes un enlace a un arquivo pdf onde se explican o que son as follas de estilo e como se poden facer no Kompozer.
23:07

Comandos en HTML

Comezaremos a ver o código HTML, a continuación tedes un arquivo no que aparecen os principais comandos desta linguaxe.

10:34

Movie Maker - Traballos para facer

Esta é a lista dos traballos que tedes que facer co Windows Movie Maker:

1.- Video de imaxes

2.- Anuncio

3.- Video de Stop Motion

Estes 3 vídeos terédelos que subir ao voso blog, e ademáis tedes que facer a edición do video "selección de baloncesto" que está colgado na entrada anterior.
10:25

Modificar video con Windows Movie Maker

Empregando o Windows Movie Maker, tedes que editar o seguinte video:

Descargar video

E o resultado final ten que ser o seguinte:

Descargar video final
11:12

Concurso de curtametraxes

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia organiza un concurso de curtametraxes relacionadas coa doazón de órganos. As curtametraxes teñen que ter unha duración máxima de 5 minutos e deben fomentar a doazón de órganos.

Máis información

Haberá dous premios, un de 1000 euros e outro de 750 euros para a compra de material audiovisual, informático, deportivo ou de lectura, a repartir entre o número de alumnos que participen.

O prazo remata o 15 de Abril do 2011, así que animádevos a participar!!
9:31

Audacity - Descodifica a seguinte mensaxe

Como última actividade de Audacity, tedes que intentar descifrar a seguinte mensaxe.

Descargar arquivo
9:46

Audacity - Efectos

Audacity incorpora moitos efectos que permiten modificar os nosos arquivos de audio.

Para poder aplicar os efectos, temos que ter unha parte do audio seleccionado.

Proba os seguintes efectos e observa cómo modifican o audio:

- Amplificar

- BassBoost

- Cambiar tempo

- Cambiar tono

- Eco

- Eliminar ruido (próbao no arquivo de Al-Pacino)

- Fade in

- Fade out

- Fase

- Invertir (para eliminar a voz dunha canción)

- Revertir

- Wahwah

- Gverb
10:13

Música gratuita

Se queredes incluir musica nalgún dos vosos exercicios de Audacity, ou se simplemente queredes descargar e escoitar música de xeito gratuíto e legal, déixovos dúas páxinas que conteñen música libre:

Jamendo

Free Music Arquive
9:59

Máis traballos con Audacity

Déixovos o seguinte exercicio que tedes que facer. Trátase de editar un fragmento dun discurso de Al Pacino pertencente á película "Pactar con el diablo".

Instruccións

Discurso
12:08

Traballos para facer con Audacity

Imos realizar unha serie de actividades para practicar os comandos básicos de Audacity.

Actividade 1

Descarga os seguintes arquivos:

Música

Poesía

Hai que facer que se escoite a poesía ca música de fondo. Emprega a ferramenta da envolvente para regular o volume da música de fondo. Acorta a música se é necesario e exporta o arquivo como un mp3. Despois, súbeo a DivShare e incrústao (embed) no teu blog como unha entrada.

Actividade 2

Descarga os seguintes arquivos e segue as instruccións do pdf "A facer en Audacity":

A facer en Audacity

Audio 1

Audio 2

Audio 3

Musica

Unha vez que teñas todas as actividades rematadas, gárdaas como proxecto de Audacity e expórtaas tamén como mp3. Súbeas a DivShare e inserta os audios na mesma entrada.
10:21

Edición de audio dixital - Audacity


Audacity é un programa de edición de audio dixital que che permite grabar, editar e manipular arquivos de audio dixital en diversos formatos.

Ademáis de crear as túas propias grabacións a partir de arquivos individuais, engadindo múltiples efectos, con Audacity podes importar arquivos de audio en formato WAV, AIFF, AU, MPT, etc. A continuación tedes un pequeno tutorial sobre Audacity.


11:00

Top 3 - 23 / 12 / 2010

A día 23 /12 /2010, o TOP 3 dos blogs é:

lorenaandalex.blogspot.com

1poucodetodo.blogspot.com

pelopantenformen.blogspot.com

Aínda que houbo unha mellora considerable na maioría dos blogs, non hai cambios dende a última vez.
18:20

Resumo de teoría de hardware e software

Xa tedes colgado en o arquivo pdf do resumo de teoría de hardware e software. Podédelo descargar dende aquí, ou ben dende a lista de Documentos que tamén está na marxe do blog.

Descargar resumo de teoría

Ademáis dese documento, teredes que saber como pasar de binario a decimal e de binario a hexadecimal ou viceversa. Tamén tedes que ter claro a actividade sobre o sistema operativo windows (5ª actividade de hardware) , e saber, por exemplo, para que serve desfragmentar o disco duro ou crear un punto de restauración.
10:08

Balabolka - Sintetizador de voz gratuito

Balabolka é un conversor de texto a voz en MP3 e OGG moi fácil de usar.
Moi útil para deixar mensaxes falados, crear audiolibros, axudar a persoas con problemas de visión ou simplemente para xerar un mp3 dos nosos apuntes para repasar mentres imos dando un paseo.



Tamén dispón dunha versión portable.

Páxina de Balabolka
10:20

Cambia o teu escritorio con RocketDock

RocketDock é unha aplicación que instala unha barra de ferramentas similar á do sistema operativo Mac, cunha animación dos iconos moi interesante.



Dende a nova barra de tarefas pódese acceder a O meu computador, Panel de control, etc. O aspecto gráfico está moi cuidado e pódense modificar prácticamente tódolos parámetros.

Para engadir un programa á barra de tarefas simplemente o temos que arrastrar dentro da barra.
10:10

Leva as túas aplicacións favoritas a calquera parte

Portableapps é un proxecto que recolle moitas aplicacións gratuitas e as modifica para que se poidan executar directamente dende unha memoria USB. Evidentemente, o ordenador ó que se conecte a memoria USB ten que ter instalado Windows.



Portableapps é modular, xa que se poden instalar as aplicacións que queiramos descargando o instalable correspondente dende a páxina web.

www.portableapps.com