Imos ver unha aplicación sinxela de cómo facer que unha foto pareza feita a lápiz, de xeito rápido e sinxelo.
Partiremos dunha foto de Fernando Alonso, por exemplo:
Imos seguir os pasos:
1. Imos a
Cores > Matiz - saturación e desaturamos a imaxe para que nos quede en branco e negro.
2. Duplicamos a capa (
Capa > Duplicar capa, por exemplo)
3. Seleccionamos a capa superior facendo clic nela.
4. Imos a
Cores > Inverter. O resultado debería ser o seguinte:
5. Na ventá de Capas, temos que cambiar o modo de combinación da capa superior. Cambiámolo de Normal a Adición (ou Suma). A imaxe debería de cambiar totalmente a branco, pero non pasa nada.
6. Xa estamos preto do final. Coa capa superior seleccionada, imos a
Filtros > Desenfocar > Desenfoque Gaussiano, e probamos cun radio de desenfoque de 10 px. (non vos fiedes da previsualización, xa que só mostra o desenfoque da capa superior).
7. O resultado debería ser algo así:
8. Xogando co radio de desenfoque e coa opacidade da capa superior podedes conseguir efectos lixeiramente distintos.
Obtido de
www.gimp.org.es